«Silencio», unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos


Silencio, de Fran Alonso, é unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos, publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.

A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense que nos conta unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.
Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.



Todo sobre «Silencio» no taboeiro de Fran Alonso en Pinterest

Todo sobre «Silencio» no taboeiro de Fran Alonso en Pinterest

«Cidades», un referente da poesía infantil


Recoñecido, premiado e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. 
No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. 

Este libro é, en palabras da poeta e crítica Berta Dávila, un referente da poesía infantil radicalmente contemporáneo.  Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.

Esta nova edición está revisada e ampliada polo seu autor, que tamén realizou todas as ilustracións.





«A punta de pistola», unha novela social chea de acción


 


A crítica literaria Mª Jesús Fernández escribiu na revista Clij (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil que a novela A punta de pistola, publicada na colección xuvenil Fóra de Xogo,  conxuga realismo e crítica social, constituíndo a novela «un interesante ejerecicio sobre la voz del relato, ya que se utilizan la primera, la segunda y la tercera pesonas narrativas. Tiene también estructura fragmentaria y distribuye la acción en tres planos que se van intercalando y confluyen en un desenlace común».








O meu gato é un poeta

Mellor libro infantil e xuvenil de 2011 para os/as lectores/as de Fervenzas Literarias



TODO sobre O meu gato é un poeta (recursos didácticos, recensións críticas, entrevistas co autor, vídeos, fotos, etc)
Recensión de Ánxela Gracián sobre O meu gato é un poeta en Protexta
—A serenidade vixiante, entrevista de Lupe Gómez con Fran Alonso en Galicia Hoxe sobre O meu gato é un poeta.
Entrevista con Fran Alonso en mp3 sobre O meu gato é un poeta en Radiofusión (Radios Municipais Galegas).
Descargar unha canción de «O meu gato é un poeta» en mp3 no portal LG3 de culturagalega.org

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta»

O escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto presentan o espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta», dirixido a nenos en nenas a partir de 4 anos e tamén a adultos. Durante as sesións, a poesía convértese en maxia, en música, en xogo e soa o acordeón.

Recursos didácticos

Neste apartado ofrécese unha recompilación de recursos didácticos dos diferentes libros de Fran Alonso, por título, así como recursos xerais sobre o autor e a súa obra.

Acceder aos Recursos didácticos